Despois de realizar un estudo de seguridade e desenvolver un protocolo que garanta a seguridade dos usuarios das nosas instalacións decidimos reabrir o vindeiro luns día 01 de Marzo.
En relación á piscina:
1. Cancélanse os cursos de natación para nenos.
2. Nos cursos de natación para adultos redúcese o aforo.
3. Os cursos daranse en dúas rúas para garantir a distancia de seguridade.
4. Modificouse a porta de acceso á piscina, entrarase pola porta de emerxencia e sairase pola principal.
En relación ao ximnasio:
1. As máquinas do ximnasio estarán sinaladas cun cartel de operativa ou non dependendo de se están desinfectadas ou non despois do seu uso.
IMPORTANTE
Cambiáronse horarios e cursos co fin de non coincidir dous grupos no vestiario á vez.
Para facer uso libre das instalacións é necesario reservar praza, ben chamando ao teléfono da piscina ou a través do sitio web que se indica nesta publicación máis abaixo.
(É necesario un usuario para acceder á web, se non o recibiches contacta connosco).
Todo o material utilizado almacénase illando o material usado do desinfectado (É importante que os usuarios coloquen o material usado no lugar designado para iso).
Marcouse unha circulación específica que os usuarios deben cumprir.
En todas as instalacións están marcados espazos que garanten a seguridade e distancia entre usuarios.
Hai xel hidroalcohólico en todas as instalacións ao dispor dos usuarios.
Os traballadores estarán con máscara en todo momento, salvo á hora de impartir as AA. DD.
OBRIGACIÓNS DOS USUARIOS
1. ACCEDER AO RECINTO CON MÁSCARA, UTILIZALA EN TODO MOMENTO E DURANTE Os DESPRAZAMENTOS, PÓDESE SACAR NO MOMENTO DE REALIZAR A ACTIVIDADE.
2. MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE E RESPECTAR AS CIRCULACIÓNS INDICADAS.
3. ACCEDER AO XIMNASIO E AS ACTIVIDADES CON TOALLA.
A SEGURIDADE É UNHA RESPONSABILIDADE DE TOD@S. RESPETALAS É UNHA CUESTIÓN DE SAÚDE E PREVENCIÓN. GRAZAS A TOD@S
Como sigue en vigor o toque de queda a hora de cese de actividades será ás 21:30